O Rosal, A Guarda e Camiña.
Tres concellos.
Un territorio conectado.
Exposición
O Rosal
31.10.2026  - 29.11.2026
ARGA

Exposición fotográfica de Alberte Pereira

Ver programación completa
A cultura non entende de fronteiras. A Eurocidade da Foz do Minho nace dos vínculos históricos, sociais e culturais que unen España e Portugal, co obxectivo de fortalecer a cooperación e construír un territorio común.
Esta axenda reúne a programación cultural dos municipios da Eurocidade, ofrecendo un espazo compartido para descubrir iniciativas, gozar da creación artística e participar en actividades que favorecen o intercambio, o diálogo e o encontro entre comunidades.
AXENDA
filtrar por concello

outubro

Exposición
O Rosal
31.10.2026
 - 
29.11.2026
Sala de Exposicións do Concello do Rosal
ARGA
Exposición fotográfica de Alberte Pereira

A fotografía como ferramenta para preservar a memoria dunha forma de vida que pouco a pouco vai esmorecendo.

ARGA é unha exposición do fotógrafo rosaleiro Alberte Pereira que convida a viaxar á Serra d’Arga, no noroeste de Portugal, para descubrir as persoas, as tradicións e as historias que manteñen viva a identidade deste territorio.

A mostra propón unha viaxe visual e emocional a un mundo no que a vida continúa ben ligada á terra, aos ciclos da natureza, ás crenzas relixiosas e á forza da comunidade.

Máis información
ORS003_ORosal_1_ARGA

novembro

Exposición
O Rosal
31.10.2026
 - 
29.11.2026
Sala de Exposicións do Concello do Rosal
ARGA
Exposición fotográfica de Alberte Pereira

A fotografía como ferramenta para preservar a memoria dunha forma de vida que pouco a pouco vai esmorecendo.

ARGA é unha exposición do fotógrafo rosaleiro Alberte Pereira que convida a viaxar á Serra d’Arga, no noroeste de Portugal, para descubrir as persoas, as tradicións e as historias que manteñen viva a identidade deste territorio.

A mostra propón unha viaxe visual e emocional a un mundo no que a vida continúa ben ligada á terra, aos ciclos da natureza, ás crenzas relixiosas e á forza da comunidade.

Máis información
ORS003_ORosal_1_ARGA
Contacontos
O Rosal
06.11.2026
 / 
18:00
(hora galega)
Biblioteca Municipal do Concello do Rosal
“Princesas, non grazas”
Venres rebuldeiros

Manuela comeza con “Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa” desmitificando os roles e estereotipos de xénero presentes desde a infancia. A protagonista é unha nena que se rebela e que loita por un mundo máis igualitario.

Logo narra a historia “Cando as nenas voan alto” onde tres nenas acadan as súas metas loitando xuntas e superando todas as trabas e obstáculos do sistema patriarcal.

Máis información
ORS003_ORosal_1_PrincesasNonGrazas
Teatro
A Guarda
06.11.2026
 / 
21:00
(hora galega)
Centro Cultural do Concello da Guarda
“Bíbidibábidibú”
Cía. As Teimas

Show cómico de improvisación teatral protagonizado por Sheyla Fariña, Susana Sampedro e Marta Doviro, tres fadas Teimas que empregan a súa maxia para cumprir os desexos do público. As persoas asistentes escribirán os seus desexos e introduciranos no «cubo das fadas».

Unha hora de impro, catro xogos e moita participación do público para lanzar os desexos ao universo... cúmpranse ou non!

Máis información
ORS003_AGuarda_1_Bibidibabidibu
Exposición
A Guarda
10.11.2026
 - 
27.11.2026
Casa dos Alonso do Concello da Guarda
O río que nos move

O río Miño é máis ca un curso de auga. Nace na serra de Meira e percorre 317 quilómetros ata entregarse ao Atlántico ao pé do monte Trega, atravesando boa parte de Galicia, camiño no que modelou paisaxes e deu vida, riqueza e costumes.

En 1985, cinco mozos do Baixo Miño decidiron descubrir ese río dende dentro. Construíron unhas canoas e puxeron rumbo á aventura, para concluír a primeira baixada completa e probablemente aínda única.

Máis información
ORS003_AGuarda_2_Orioquenosmove
Teatro
O Rosal
15.11.2026
 / 
19:00
(hora galega)
Auditorio Municipal del Concello de O Rosal
“Esas cousas marabillosas”
Empatía Teatro

A historia segue a un neno de sete anos que, tras a tentativa de suicidio da súa nai, comeza a facer unha listaxe de todo o que fai que a vida pague a pena. Ao longo de case tres décadas, coa complicidade do público, constrúese unha peza que convida á reflexión e que equilibra momentos tenros e divertidos.

A obra foi recoñecida pola súa sensibilidade e capacidade para transformar a experiencia teatral en algo persoal e conmovedor.

Máis información
ORS003_ORosal_3_EsasCousasMarabillosas
Cine
A Guarda
20.11.2026
 / 
20:30
(hora galega)
Centro Cultural do Concello da Guarda
Romería

Marina (18), adoptada dende moi pequena, viaxa a Vigo para atoparse por primeira vez coa familia do seu pai biolóxico. A súa chegada trae de volta un pasado xa soterrado.

Guiada polo diario da súa nai e a través dunha conexión especial co seu novo curmán, Marina descubrirá as feridas familiares e poderá por fin revivir a memoria fragmentada duns pais dos que apenas ten lembranzas.

Máis información
ORS003_AGuarda_3_Romeria
Exposición
Caminha
23.11.2026
 - 
03.01.2027
Freguesias do Concello de Caminha
Ruta dos Beléns
Exposición de Beléns e Concertos de Nadal

Visita os tradicionais beléns de Nadal elaborados pola poboación local das distintas freguesías do Concello de Caminha e asiste aos concertos de Nadal.

Máis información
ORS003_Caminha_1_RotadosPresepios

decembro

Exposición
Caminha
23.11.2026
 - 
03.01.2027
Freguesias do Concello de Caminha
Ruta dos Beléns
Exposición de Beléns e Concertos de Nadal

Visita os tradicionais beléns de Nadal elaborados pola poboación local das distintas freguesías do Concello de Caminha e asiste aos concertos de Nadal.

Máis información
ORS003_Caminha_1_RotadosPresepios
Teatro
O Rosal
05.12.2026
 / 
19:00
(hora galega)
Auditorio Municipal del Concello de O Rosal
“Go on”
Malasombra Teatro

Despois da chegada do home á Lúa, á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia.

No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta Xacobea.

Máis información
ORS003_ORosal_4_GoOn_2
Animación
Caminha
05.12.2026
 - 
03.01.2027
Mata Nacional do Camarido
Camarilândia
Floresta Encantada de Caminha

Obradoiros creativos, Aldea das Fadas e dos Elfos, delicias típicas desta época e moita animación envólvente nun ambiente máxico, onde a natureza e o espírito do Nadal se atopan.

Máis información
ORS003_Caminha_2_Camarilandia
Teatro
A Guarda
11.12.2026
 / 
20:30
(hora galega)
Centro Cultural do Concello da Guarda
Ninguén tira fotos nos enterros

Unha nena de 11 anos asiste, nun mesmo día, a súa primeira voda e ao seu primeiro enterro. “Ninguén tira fotos nos enterros” recrea as instantáneas que esa nena tomou no enterro da súa avoa cunha cámara desbotable, para abordar, con tenrura e humor, a cuestión de como lle falamos da morte á cativada.

Unha auto-ficción de Carlota Mosquera con interacción do público e procesos de fotografía en vivo.

Máis información
ORS003_AGuarda_4_Ninguentirafotosnosenterros
Deporte
Caminha
12.12.2026
 / 
18:30
(hora portuguesa)
Caminha
Run for All Caminha
Carreira e Andaina de São Silvestre

Trae contigo un alimento non perecedoiro e contribúe a esta causa.

Sociedade de São Vicente de Paulo - Vila Praia de Âncora

Máis información
ORS003_Caminha_3_RunforAllCaminha
Fin de ano
Caminha
31.12.2026
 / 
23:00
(hora portuguesa)
Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha
Festa de final de ano
Celebración da noite de fin de ano 2026/2027

A Noite de Fin de Ano en Caminha é inesquecible. Chea de música, animación e enerxía contaxiosa. Varios artistas convidados farán que celebremos por todo o alto a chegada de 2027.

Música en directo, Dj, fogos artificiais, ledicia e momentos para gardar na memoria.

Reúne a amizades e familia e ven celebrar connosco!

Máis información
ORS003_Caminha_4_FestaFinAno

xaneiro

Exposición
Caminha
23.11.2026
 - 
03.01.2027
Freguesias do Concello de Caminha
Ruta dos Beléns
Exposición de Beléns e Concertos de Nadal

Visita os tradicionais beléns de Nadal elaborados pola poboación local das distintas freguesías do Concello de Caminha e asiste aos concertos de Nadal.

Máis información
ORS003_Caminha_1_RotadosPresepios
Animación
Caminha
05.12.2026
 - 
03.01.2027
Mata Nacional do Camarido
Camarilândia
Floresta Encantada de Caminha

Obradoiros creativos, Aldea das Fadas e dos Elfos, delicias típicas desta época e moita animación envólvente nun ambiente máxico, onde a natureza e o espírito do Nadal se atopan.

Máis información
ORS003_Caminha_2_Camarilandia
Eurocidade da Foz do Minho
A axenda cultural forma parte do proxecto 0554_EURO_FOZ_MINHO - Euro_Foz: Construíndo a Eurocidade da Foz do Minho, cofinanciado con fondos europeos no marco do Programa de Cooperación INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.
O Rosal
A Guarda
Caminha
Deseño e desenvolvemento: Desoños